1º/2º ENGLISH MONTEFIZ

Bo día chicas e chicos:

Como sabedes, debido ao coronavirus, non podemos dar clase presencial. Porén, mantede a vosa rutina e horario de estudo porque á volta tendes que examinarvos igualmente, así que ide traballando nas actividades do Copybook e avanzade vendo as explicacións gramaticais e solucións ás actividades neste blogue. Utilizaremos este blogue (podedes escribir as vosas dúbidas ou comentarios como posts) e o meu correo electrónico (sabelaperezgonzalez@edu.xunta.es) como medio de comunicación.

   *Se traballades ben, como recompensa ide á lapela "Songs" e tentade completar a Canción "DANCE MONKEY" de la cantante "TONES AND I"

MONTEFIZ 18 de marzo

  1. Lemos e escoitamos o exercicio S45 (páx. 26) Facede click no enlace e ide ao minuto 4:57.
    • Excuse me, where is the English class? (poñemos "is" porque "English class" é 1)
    • It's on the first floor. ("It" sustitúe "English class")
    • Excuse me, where are the toilets? (poñemos "are" porque "toilets" é plural, máis de 1)
    • They are on the second floor. ("they" sustitúe a "toilets").
  • Fixarvos que para non repetir as palabras, empregamos "pronomes": "English class" é ela mais é un obxecto e por iso se substitúe por "it"; "toilets" é "eles" e por iso se substitúe por "they" (en plural da igual se son obxectos ou non).
2. Facemos o exercicio S46. Usando os ordinal numbers (first, second, third...), tedes que escribir en que planta (floor) se atopa the café, the toilets and the gym. Facede click aquí e ide ao minuto 5:20. Podedes escoitalo 2 veces. 
É moi importante que fagades este exercicio SÓ CO AUDIO, co proxector apagado.

Lembrade que as plantas dun edificio comezan pola planta baixa que en inglés é "GROUNDFLOOR".

3. Correximos o exercicio S46. Encendede o proxector e vede e escoitalo unha vez máis. Así podedes ver as solucións.

4. Facemos por escrito o exercicio S47. Tedes que preguntar onde están eses lugares e contestar. Agora cada un de vós facedes todo (preguntades e vos autocontestades) para practicar. Cando volva, facémolo de forma oral en parellas. Agora practicade por escrito. Seguide o exemplo do exercicio S45 (moi importante ser educado e comezar todas as preguntas con "Excuse me").

8. Correximos o exercicio S47. Ver moito más abaixo desta páxina. Alí atoparedes as solucións.
























8. Correximos o exercicio S47.
  • Excuse me, where is the English class? ("is" porque "the English class" é 1)
  • It's on the 2nd floor. ("it" sustitúe a "The English class" = ela, lugar)
  • Excuse me, where is the gym? ("is" porque "the gym" é 1)
  • It's on the 4th floor. ("it" sustitúe a "the gym" = el, lugar)
  • Where are the toilets? ("are" porque "toilets" son varios, máis de 1)
  • They're on the 1st floor. ("they" sustitúe a "toilets" = eles)
  • Where is the café? ("is" porque "the café" é 1)
  • It's on the 3rd floor. ("it" sustitúe a "the café" = el, lugar)

Deberes para a próxima semana (en orde de prioridade segundo o tempo que dispoñades):
  1. OBRIGATORIOPrimeiro, estudiade a táboa da páx. 26 (está mal numerada, debería ser a 27); o seu epígrafe é 2.6. PERSONAL INFORMATION; e lede a teoría que ven a continuación tanto nesa páxina como na seguinte, na páx. 28; xa vos entraba no exame do 1º cuadrimestre pero, por se acaso, ímolas ver de novo. Segundo, facede os exercicios das páxinas 28, 29, 30 e 31: S48 (por en orde as palabras, son preguntas da táboa), S49 (completar a conversa con esas preguntas), S50 (estudiade a conversa sendo entrevistador e entrevistado; á volta farémola de forma oral e non poderedes ler), S52 (completa o formulario cos teus datos persoais -non teñen por que ser os reais-), S53 (Lee as tradicións a), b) e c) e úneas co dibuxo correspondente da dereita), S54 (lee a descripción sobre Columbus Day) e contesta as preguntas tipo test), na páx. 31 tedes que facer por escrito o que vos piden nas diferentes cuadrículas (por exemplo, na 1ª di "Answer: What is your surname?", pois tendes que escribir "My surname is Pérez" e así todas; fixarvos ben porque non en todas hai que contestar, noutras como na 3ª hai que facer a pregunta).
  2. COMIC: Seguide avanzando no comic e facendo as actividades. Se xa fixéstedes as tituladas "Before Reading", agora vos tocaría a actividade que comeza con "Read pages 1-5..." onde teríades que ler as páxinas da 1 á 5 do comic e contestar esas preguntas. Lembrade que para o comic, podedes (e seguramente necesitedes) usar o diccionario físico ou online (wordreference), mais é importante que escribades os significados que busquedes no propio comic porque seguramente volve aparecer máis adiante.
  3. EXTRA PACK: Seguide avanzando e facendo as actividades.


MONTEFIZ 25 de marzo

Como o levades? Espero que o esteades levando ben. Segundo a ministra de Educación, parece que non nos imos ver até maio, así que vos toca ser AUTÓNOM@S e aprender a estudar pola vosa conta porque cando nos vexamos, nos dará tempo a facer os exames (sobre os contidos traballados neste blogue) e pouco máis.

Bueno, imos comezar correxindo os deberes.

 1. Imos correxir o exercicio S48 da páxina 28. Tiñades que por as palabras en orde para facer preguntas persoais.
          1. What's your name?
          2. How old are you?
          3. Are you married?
          4. How do you spell it?
          5. What do you do?
          6. What's your phone number?
          7. What is your nationality?
          8. What is your address?


2. Agora imos correxir o exercicio S49 da páxina 28. Tiñades que completar a conversa con as preguntas do exercicio anterior.

- Can I take a few details first? What's your name?                   - My name is Matthew.
- (1)  What's your name                                                           - My surname is Monroe.
- Sorry? (2)      How do you spell it?                                          - It's M-O-N-R-O-E.
- (3)     How old are you, Mr. Monroe?                                      - I'm 30.
- (4) What is your nationality?                                                    - I'm from Ireland. I'm Irish.
- And you're a male, of course. (5) Are you married?                - No, I'm not. I'm separated.
- (6) What is your address?                                                      - My address is 5 South Street, Bristol.
- (7) What's your phone number?                                             - My phone number is 212 095 34 77.
- (8) What do you do?                                                                 - I'm a doctor.

3. Agora imos facer o S51 da páxina 29. Tendes que escoitar e ver o diálogo e encher os ocos. Para ver o video, facede click aquí  e ide ao minuto 1'10''Podedes velo 3 veces.  
          *Unha vez feito, deslizádevos máis abaixo nesta páxina para ver as solucións.














4. Correximos o S51 da páxina 29.
                                                                   - Hi! This is my first day at the gym. I want to join the gym.
- OK. Can I take a few details first?  So, what's your name?    - (1) Stephen (ou como vos soe)
- Is that S-T-E-V-E-N (2)?                                                            - No, it isn't. It's S-T-E-P-H-E-N (3).
- Thanks... what's your surname?-My surname's Johnson (como soe), J-O-H-N-S-O-N, Johnson (4).
- What's your nationality?                    - I'm Australian (5). I'm from Australia (6).
- How old are you?                              - I'm 29 (7).
- Are you married?                              - No, I'm not (8). I'm single (9).
- What's your address?                        - My address is 53, Elm Street, Manchester (10).
- How do you spell it?                         - Elm (11)? It's E-L-M, Elm Street (12).
- And finally... What do you do?        - Me? I'm a student (13).
- Thank you. Welcome to the gym. Come with me.


5. O S52 da páxina 29 é aberto, así que volo corrixo individualmente á volta. Podedes facer unha exclamación xigante vermella na súa parte dereita.

6. Agora imos correxir o S53. Tiñades que unir as descripcións das celebracións ás imaxes que as representan.
 a) - 3 : disfraces
b) - 1: "Truco o trato"
c) - 2: calabazas con caras.

7. Agora imos correxir o S54 da páxina 30.
       1. Columbus Day is an American celebration ("... Every year American people celebrate his...")
       2. Columbus leaves Spain with three ships ("...the American continent with his three ships...")
       3. Columbus' 1st voyage starts in 1492 ("....On October 12th 1492, Christopher Columbus...")
       4. The Niña, the Pinta and the Santa Maria are ships ("..ships, the Niña, the Pinta and St Maria")
       5. People celebrate this day with parades ("..with church services, parades and other activities")
       6. American people celebrate Columbus Day on October 12th. ("...a public holiday in the USA")

8. Agora imos correxir o exercicio da cuadrícula da páxina 31.
        1. My surname is Pérez (aquí cada persoa que escriba o seu apelido). Se queredes por os dous a resposta sería: My surnames are Pérez González (aquí cada persoa que escriba os seus apelidos).
        2. I'm thirty-seven (aquí cada persoa que escriba a súa idade).
        3. Where are you from?
        4. What do you do?
        5. Pérez: pii- ii - ar - ii- sed (aquí cada persoa que escriba e deletree o seu apelido).
        6. 12 - twelve; 27 - twenty-seven; 14 - fourteen; 46 - forty-six.
        7. 93 - ninety-three; 19- nineteen; 52 - fifty-two; 15- fifteen.
        8. How are you?
        9. My phone number is six - three- nine - five - two - double one, triple eight (cada persoa que escriba o seu teléfono, podedes inventalo).
        10. Are you married?
         11. Not much. (varias respostas posíbeis; "What's up?" significa 'Qué tal?')
        12. Thank you. Not at all/ You're welcome.
        13. Spain-Spanish; Portugal-Portuguese; France-French; Germany-German; Italy-Italian (varias respostas posíbeis porque podedes por os 5 países coas súas correspondentes nacionalidades que queirades).
        14. The USA - American; Portugal - Portuguese; France - French; Argentina - Argentinian; Scotland - Scottish.
         15. Brazilian - Brazil; Welsh - Wales; Chinese - China; Spanish- Spain.
       16. My name's Peter Smith. I have a reservation.
       17. They're from Brazil. / They're Brazilian.
       18. Angelina Jolie is from the USA. / She's American.
        19. Cristiano Ronaldo is from Portugal. / He's Portuguese.
       20. Afternoon: ei - ef- tii - ii - ar - en - double ou - en.
             Evening: ii - vii - ii - en - ai - en - llii.
        21. Sunday  - Monday - Tuesday - Wednesday - Thursday - Friday - Saturday (Lembrade que os días en inglés comezan con MAIÚSCULA).
       22. Boas tardes: Good afternoon / Good evening.
             Ata logo: See you (later).
             Ata o luns: See you on Monday.
       23. This woman is English.
       24. You're in room three-two-one.
       25. How much is this bag?
       26. The man is 50 years old.
       27. This city isn't in Germany.
       28. We aren't from New York.
       29. The boy/kid's Italian.
       30. How much are these mugs?
       31. Are you Italian?
       32. Is this girl Mexican?
       33. 1º - first; 2º - second; 3º - third; 5º - fifth; 8º - eighth; 9º - ninth; 10º - tenth.
       34. My address is 5 Great Avenue, Vigo. (Lembrade que o número da casa ou edificio vai antes do nome da rúa; aquí cada persoa que escriba a súa dirección, do CM ou da casa).
       35. Nice to meet you.

Atención! A páxina 31 é a última páxina da Unidade 1. Parabéns! Rematamos a unidade 1! Agora comezamos a unidade 2, por iso a numeración comeza de novo e a primeira páxina que tendes da unidade 2 é a páxina co número 4.

9. Vede este video explicativo sobre cando usamos "a/ an" aquí.
         En resumo, para dicir "un" ou "unha" usamos
  • "a" cando a palabra comeza por consonante: a teacher, a student, a board, a window...
  • "an" cando a palabra comeza por vogal (a, e, i, o, u): an apple, an orange, an egg...


Deberes para a próxima semana (en orde de prioridade segundo o tempo que dispoñades):
  1. OBRIGATORIOPrimeiro, estudiade o vocabulario sobre obxectos de aula da páx. 4; e lede a teoría que ven a continuaciónSegundo, facede o exercicio S1 da páxina 5 (hai que atopar as palabras representadas nos debuxos, e poñerlle antes "a" ou "an" segundo corresponda).
  2. COMIC: Seguide avanzando no comic e facendo as actividades. Se xa fixéstedes as tituladas "Before Reading" e "Read pages 1-5", agora vos tocaría a actividade que comeza con "Read pages 6-9..." onde teríades que ler as páxinas da 6 á 9 do comic e contestar esas preguntas. Lembrade que para o comic, podedes (e seguramente necesitedes) usar o diccionario físico ou online (wordreference), mais é importante que escribades os significados que busquedes no propio comic porque seguramente volve aparecer máis adiante.
  3. EXTRA PACK: Seguide avanzando e facendo as actividades.

MONTEFIZ 01 de abril

Ola chicas e chicos! Que tal o levades? Espero que ben. Bueno, aquí seguimos avanzando pasiño a pasiño. Xa sabedes, calquera cousa que non entendades ou que precisedes, pedídelle á educadora que me envíe un correo ou deixade aquí un post. Ánimo!

1. Empecemos correxindo a actividade S1 da páxina 5. 

C     C     T     R     U     B     B     E     R     P
H     O     A     E     B     C     D    D     F     E
A        C     H     A     I      R     O    G     N
L     P      I      J      K     C     L     O    M    C
K        W    R     N     B     H     R    O     I
P          I     Q     U     R         E     S      L
P     E     N     T     U     L     V     O     R     C
B     R    D    W     X     Y         Z     K     A
A     B    O     A     R     D     C     R     D     S
G     F    W    G     D     E     S      K    H     E

chalk (non leva nada diante porque é incontable, o xiz é un pó, non se pode contar)
a window
a pencil case
a rubber
a door
a chair
a pen
a board
a ruler
a bag
a teacher
a desk
a computer
a book
     * Son todas con "a" porque todas as palabras empezan por consonante.

2. Agora imos ver como se forma o plural en inglés. Vede o seguinte video explicativo aquí
       En resumo: 

Deberes para despois das vacacións de primavera (en orde de prioridade segundo o tempo que dispoñades):
  1. OBRIGATORIOPrimeirolede a teoría sobre a formación do plural nas páxs. 5-6  para reforzar o visto no video e estudiade as reglas da táboa. Segundo, facede o exercicio S2 da páxina 6 (hai que construir mensaxes dicindo o que é o que aparece nas imaxes, p.ex. o 1 sería "It's a bus"); e a actividade S3 da páxina 7 ídela facer por escrito (ao lado de cada número describides o que é, p.ex. o 1 sería "It's a board").
  2. COMIC: Seguide avanzando no comic e facendo as actividades. Se xa fixéstedes as tituladas "Before Reading", "Read pages 1-5" e "Read pages 6-9" agora vos tocaría a actividade que comeza con "Read pages 10-15..." onde teríades que ler as páxinas da 10 á 15 do comic e contestar esas preguntas. Lembrade que para o comic, podedes (e seguramente necesitedes) usar o diccionario físico ou online (wordreference), mais é importante que escribades os significados que busquedes no propio comic porque seguramente volve aparecer máis adiante.
  3. EXTRA PACK: Seguide avanzando e facendo as actividades.



MONTEFIZ 15 de abril


Ola chicas e chicos! Como o levades? Espero que ben. Bueno, aquí seguimos avanzando pasiño a pasiño. Xa sabedes, calquera cousa que non entendades ou que precisedes, pedídelle á educadora que me envíe un correo. Ánimo! E, por suposto, isto só son orientacións temporais, totalmente adaptábeis ao horario que teñades instaurado no Centro. 
Bueno, imos comezar entón correxindo os deberes que tiñades para as vacacións de primavera.
1. Imos correxir a actividade S2 da páxina 6. Tiñades que construir mensaxes dicindo o que é o que aparece nas imaxes, p.ex. o 1 sería "It's a bus".

             1. It's a bus.
             2. They are ants.
             3. They are people.
             4. They are books.
             5. It's an apple.
             6. It's a pencilcase.
             7. They are children.
             8. They are watches.

2. Agora imos correxir a actividade S3 da páxina 7. Tíñades que facela por escrito (ao lado de cada número describides o que é, p.ex. o 1 sería "It's a board").               1. It's a board.           2. It's a table.           3. It's a door.           4. It's a schoolbag.           5. They're chairs.           6. They are desks.           7. They're watches.           8. They're books.           9. It's a rubber.         10. It's a ruler.          11. It's a pencilcase.


Agora, imos con algo novo, preparad@s?

3. Na páxina 7 tendes como dar instruccións de aula. Primeiro, lede o cuadro e a teoría que ven debaixo. Segundo, vede este vídeo explicativo facendo click aquí.

Deberes:
  1. OBRIGATORIOPrimeiro, lede a teoría na páx. 7 sobre como dar instruccións de aula e estudiade as instruccións da táboa con debuxos. Segundo, facede o exercicio S5 da páxina 8 por escrito (pensade e escribide 5 instruccións que despois en clase daredes ao resto); e a actividade S6 da páxina 8 (debaixo de cada debuxo tendes que escribir a instrucción que credes que está dando a profesora nese momento).
  1. COMIC: Seguide avanzando no comic e facendo as actividades. Lembrade que para o comic, podedes (e seguramente necesitedes) usar o diccionario físico ou online (wordreference), mais é importante que escribades os significados que busquedes no propio comic porque seguramente volve aparecer máis adiante.
  1. EXTRA PACK: Seguide avanzando e facendo as actividades.



MONTEFIZ 22 de abril


Ola chicas e chicos! Como o levades? Espero que ben. Bueno, aquí seguimos avanzando pasiño a pasiño. Xa sabedes, calquera cousa que non entendades ou que precisedes, pedídelle á educadora que me envíe un correo. Ánimo! 
E, por suposto, isto só son orientacións temporais, totalmente adaptábeis ao horario que teñades instaurado no Centro. 


Bueno, imos comezar entón correxindo os deberes que tiñades para esta semana.

1. O S5 farémolo de forma oral á volta. Podédeslle facer, se queredes, unha gran exclamación vermella ao lado para que non se nos esqueza.

2. Así que imos correxir o S6 da páxina 8. 
    *Lembrade engadir "please" ao final das instruccións porque ás veces poden soar coma ordes, demasiado directas, un pouco descortés.
      1. Stand up, please.
      2. Look at the board, please.
      3. Draw a house, please.
      4. Write your name, please.

Agora imos avanzar con algo novo, preparad@s?

3. Na páxina 8 tendes "Expresiones útiles no aula". Primeiro, lede as expresións de cada debuxoSegundo, vede este vídeo explicativo facendo click aquí.

4. Para practicar, imos facer a actividade S7 na páxina 9. Ides escoitar unha conversa e tendes que completar os ocos. Para ver o video, facede click aquí  e ide ao minuto 3'45''Podedes velo 3 veces.            *Unha vez feito, deslizádevos máis abaixo nesta páxina para ver as solucións.













5. Imos correxir a actividade S7 da páxina 9.
     (1) Sorry, I'm late.     (2) Don't worry and sit down.     (3) Excuse me, can you repeat that?     (4) Excuse me, what's the meaning of "pen"?     (5) I don't know.     (6) Excuse me, teacher, can I go to the toilet?

Agora imos avanzar e eimos aprender algo novo, preparad@s?

6. Nas páxinas 9-10, imos ver como preguntar e dar a hora. Primeiro, lede a teoría que aparece no cuadro. Segundo, vede o vídeo explicativo aquí.


Deberes:

  1. OBRIGATORIOPrimeiro, lede a teoría nas páx. 9-10 sobre como preguntar e dar a hora. Segundo, facede o exercicio S9 da páxina 10 (tendes que debuxar os reloxos coas horas que vos din); a actividade S10 da páxina 10 (tendes que unir as horas en letra dunha columna coas horas en número da outra); a actividade S12 por escrito (tendes que escribir en letra a hora dos reloxos).
  1. COMIC: Seguide avanzando no comic e facendo as actividades. Lembrade que para o comic, podedes (e seguramente necesitedes) usar o diccionario físico ou online (wordreference), mais é importante que escribades os significados que busquedes no propio comic porque seguramente volve aparecer máis adiante.
  1. EXTRA PACK: Seguide avanzando e facendo as actividades.


See you soon, guys!!

No comments: