Thursday, 27th March
Bo día chicas e chicos:
Como estades? Espero que ben. Como sabedes, debido ao coronavirus, non podemos vernos na aula. Mais se alguén de vós quere continuar avanzando no libro de forma autónoma, irei subindo por aquí respostas, audios, etc. . Podedes escribir as vosas dúbidas ou comentarios como posts, podedes enviarme un wassap ao grupo ou un correo electrónico (sabelateacher@gmail.com).
Mantédevos sans e entretid@s!
1. O último día quedamos facendo unha actividade de gramática (no meu libro é a páx. 95). Déixovos aquí as respostas. Lembrade, se non entendedes algo, preguntádeme!
2. Volvede ao libro per se (no miña versión a lección 2A se corresponde coa páx.12). Facede a actividade d. Facede click aquí para escoitar o audio.
Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
3. Aquí tendes as respostas do exercicio anterior:
3. They're in class 2. > ARE THEY in class2?
4. You're Italian. > ARE YOU Italian?
5. They're English. > ARE THEY English?
6. We're in room 5. > ARE WE in room 5?
7. They're Japanese. > ARE THEY Japanese?
4. Agora, imos á seguinte actividade, a actividade 4 (READING AND LISTENING) na páxina seguinte (no meu libro é a páx. 13). Imos ler e escoitar a conversa e por en orde as fotos. Primeiro, escoitade a conversa ao mesmo tempo que a ledes para mellorar a pronunciación e irnos facendo ao seu ritmo e entonación; Despois, lédea detenidamente comprobando que a entendedes (o que non entendades, primeiro usade un diccionario como Wordreference e se non queda claro, preguntádeme). Para rematar, volvédea escoitar e ler ao mesmo tempo (tentade ler movendo os beizos ao mesmo tempo que o audio; perderédesvos, normal, non vos preocupedes, parades e volvedes a ler na frase seguinte). Esta práctica é boísima para mellorar a fluidez nun idioma.
Para escoitar o diálogo, facede click aquí.
Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
5. Aquí tendes as respostas.
Bueno, next week más!! Coidádevos!!!
Thursday, 02nd April
Aquí estou de novo, agardo que todo o mundo estea ben! Bueno, pois imos seguir avanzando no libro un chisquiño máis.
1. Estamos na páx. 13 (na edición do meu libro) e imos comezar facendo o apartado b da actividade 4 Reading and Listening.
Nesta actividade tendes que escribir só respostas curtas. Lembrade:
- Resposta curta afirmativa: Yes, they are. (A contracción neste caso está prohibida)
- Respota curta negativa: No, they aren't. (A contracción neste caso é obrigatoria)
Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
2. Aquí tendes as respostas.
3. Agora imos facer o apartado c. Tendes que escoitar o audio e completar as preguntas.
Para escoitar o audio, facede click aquí.
Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
4. Aquí tendes as respostas.
5. Para rematar, ide á parte inferior da páxina, á sección WORDS AND PHRASES TO LEARN. Ide á páxina que vos di (na miña edición é a páx. 131). Escoitade, repetide e aprendédevos estas expresións.
Para escoitar o audio, facede click aquí.
Thursday, 16th April
Aquí estou de novo, agardo que todo o mundo estea ben! Bueno, pois imos seguir avanzando no libro un chisquiño máis xa que estamos confinad@s 15 días máis.Hoxe imos traballar coa sección de exercicios (en branco e negro) correspondente á unidade 2A.
1. Primeiro, imos repasar o vocabulario. Temos que completar o crucigrama e averiguar "a palabra misteriosa" (en gris).
*Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
2. Agora imos repasar os sons que aprendimos nesta unidade. Imos a escoitar esas palabras e segundo como soen as letras en negriña, as colocamos na columna correspondente. Para escoitar o audio, facede click aquí.
*Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
jazz - German - Japanese - just -
chess - Chinese - French - teacher -
shower - Egyptian - Russian - Turkish
Para rematar, volvédeas escoitar e repetide as veces que sexan necesarias.
Agora imos repasar a gramática que aprendimos nesta unidade.
3. Imos a escribir as mensaxes en positivo ou en negativo segundo o que nos pidan. Lembrade usar contraccións!
*Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
4. Imos reescribir estas mensaxes, sustituíndo os nomes das persoas polos pronomes correspondentes. Lembrade usar contraccións!
*Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
5. Agora temos que ordear as palabras para formar preguntas.
*Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
6. Agora imos unir estas respostas ás súas preguntas correspondentes do exercicio anterior.
*Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
7. Agora, imos responder estas preguntas sobre a nosa clase.
*Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
8. Para rematar o repaso, imos revisar as expresións novas desta unidade.
*Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
Bueno, next week máis!! Coidádevos!!!
KISSES!!!! HAVE A NICE DAY (at home...)!!
Thursday, 23rd April
Aquí estou de novo, agardo que todo o mundo estea ben! Bueno, pois imos seguir avanzando no libro un chisquiño e oxalá que nos vexamos pronto xa.
Hoxe imos comezar unha nova unidade, yeeeehaaa!!: a unidade 2B (na versión do meu libro é a páx. 14)
1. Imos ler e escoitar ao mesmo tempo a seguinte conversa. Unha vez lida e escoitada a conversa, completaremos o carnet de estudante deste rapaz. Para escoitar a conversa, facede click aquí.
*Estratexia de lectura: tentade ler cos beizos ao ritmo do audio.
Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
2. Agora imos escoitar outra conversa e tendes que intentar completala cubrindo os ocos coas palabras que faltan.
Estratexia: antes de escoitar a conversa, lede a conversa e tentade cubrir os ocos que poidades, a estratexia da predición!!
Para escoitar a conversa, facede click aquí.
*Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
3. Para rematar, volvédea escoitar e ler ao mesmo tempo (tentade ler movendo os beizos ao mesmo tempo que o audio; perderédesvos, normal, non vos preocupedes, parades e volvedes a ler na frase seguinte). Esta práctica é boísima para mellorar a fluidez nun idioma.
Agora imos coa sección de Gramática. Imos alá!
4. Primeiro, escoitade e repetide os seguintes interrogativos. Para escoitar o audio, facede click aquí.
HOW (Como?) WHAT (Que? Cal?) WHERE (Onde?) WHO (Quen?)
5. Agora, completaremos as preguntas co interrogativo adecuado.
*Para comprobar as respostas, facede click aquí.
* Para comprobar as respostas por escrito, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
6. Agora, iremos practicar no Grammar Bank 2B na zona azul (na versión do meu libro, son páxinas 94-95). Na primeira páxina (páx. 94 na versión do meu libro), tendes a teoría.
En resumo, vós xa sabíades facer preguntas de resposta "Yes/ No", agora cando teñades un interrogativo, este simplemente tedes que colocalo ao comezo da pregunta.
Por exemplo,
- Es de Italia? > Are you from Italy?
- De onde es? _ Where are you from?
Os interrogativos son:
HOW (Como?) WHAT (Que? Cal?) WHERE (Onde?)
WHEN (Cando?) HOW OLD (Cantos anos?) WHO (Quen?)
7. Na seguinte páxina, temos unhas actividades para practicar. Na primeira actividade, tendes que completar con un interrogativo da lista.
* Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
8. Agora, fagamos a seguinte actividade, a actividade b). Tendes que colocar as palabras en orde para formar preguntas.
* Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
* Para comprobar as respostas, deslizádevos máis abaixo nesta páxina.
Aquí tendes as respostas.
Bueno, next week máis!! Coidádevos!!!
KISSES!!!! HAVE A NICE DAY (at home...)!!
No comments:
Post a Comment